O día a día da aula de Peitieiros do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Gondomar.

30/11/08

CARACOIS

Como todos os días traen caracois á escola, o venres falamos deles. Primeiro falamos do que saben dos caracois que é:
- Comen margaritas e perixel - Comen herba - E verdura - E follas - Tamén comen cousas que non son para que coman os nenos - Comen fariña
- Tamén se suben ás árbores e métense na súa cuncha
- Comen amorodos
- Os caracois sacan baba polo pé - O pé é a cousa por onde se arrastran
- Teñen uns cornos con ollo
- Botan os cornos ao sol - Eu teño caracois nunha pedra, moitos - Métense sobre as rocas - Debaixo
- Teñen concha - Viven na súa concha - Teñen unha concha redonda
- Péganse por abaixo
- Comen máis cousas

Logo falamos de que queremos saber:
- Como se meten debaixo das rochas?
- Como se suben ás árbores?
- Como se pegan? - Pola baba - E quédanse pegados? Non
- Que beben? - Sabes como beben?: Comen herba mollada e xa beben - Sorbendo a auga -Teñen unha palliña - Parece unha palliña pero non o é

1 comentario:

.................. dijo...

Cada vez que hai un guión "-" no texto é que interviña outro dos cativos.
Fun poñendo seguidos os que se referían ao mesmo tema.