O día a día da aula de Peitieiros do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Gondomar.

17/11/08

FEIXOAS



Hoxe Sabela tiña unha chea de feixoas para almorzar que collera da árbore que ten na casa.



Así que as miramos, logo as abrimos e despois as probamos.
Pasamos a falar un pouco:
- Como se chamará a árbore que da feixoas? - preguntou a mestra
- Feixoeiro -dixo un.
- Feixóns - dixo outra.
- Feixoes - agregou un máis.
- Pois non a árbore que da feixoas chámase feixoa tamén.
Así que dimos un paseo ata a casa de Sabela para mirar a súa feixoa. Polo camiño díxonos que só da feixoas no inverno.

2 comentarios:

lucas dijo...

Graciñas Eli por estar de volta este curso en nosas casas e tamén polas fotos. As saídas da escola son estupendas.
Saúdos
Lucas

.................. dijo...

Graciñas por lernos. Espero que vaiamos atopando recursos e que me axudedes a melloralo. Saúdos. Eli