O día a día da aula de Peitieiros do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Gondomar.
14/6/08
COPITO
Este xoves pasado, o pai de Sabela truxo a Copito de visita á escola e contounos cousas del.
É un can"snauzer", xogou con nós e foi moi divertido. Tamén lle dimos auga para beber e máis unha pelota para que xogara. Foi moi bo e deixou que todos lle acariñaramos.
O Pai de Hugo comentando que el disque agora mesmo non pode perder o tempo escribindo, que lle poña a peli da toupa en grande e que Copito foi do milloriño da escola (eu penso que se dura un mes mais fuxe dela). Difícil é o traballo de manter o blog, así que ánimo pra o ano que ven, que lle dure o pulo.
Neste novo curso traballamos na escola seis nenos e nenas de 4 anos, cinco nenos de 4 anos e oito nenos e nenas de 3 anos; unha mestra titora, outra de E. Infantil, unha de inglés, unha de educación física, unha de apoio e unha de expresión musical.
A que recollo o que pasa na escola son eu, Eli, a titora.
Todos os luns do curso, pola tarde: - Fútbol-sala no C.E.P. Neira Vilas (de 16 a 18 horas) - Contomar, contacontos de Espazo Lectura na Biblioteca de Gondomar; a partir das 18 horas.
2 comentarios:
O Pai de Hugo comentando que el disque agora mesmo non pode perder o tempo escribindo, que lle poña a peli da toupa en grande e que Copito foi do milloriño da escola (eu penso que se dura un mes mais fuxe dela). Difícil é o traballo de manter o blog, así que ánimo pra o ano que ven, que lle dure o pulo.
Publicar un comentario