
Miramos os debuxos que cadaquén fixo sobre o libro da semana pasada, rexistramos o que se devolveu e se nos gustou ou non. Despois rexistramos o que imos levar hoxe para casa. É moito traballo! pero facémolo moi ben.
Hoxe non choveu, así que puidemos ir á biblioteca da sede que é moito máis grande ca nosa. Xa facía moito que non íamos.
Miramos os libros que veñen de chegar e que están no expositor da entrada, que agora se chama punto de lectura informal.


Escollimos os que nos pareceron máis bonitos e fomos para dentro. Escollimos Discurso do oso e Eli léunolo. Gústounos.

1 comentario:
HOLA ELI SON JOSUE CON ISTO DO BLOG MEUS PAIS XA ME EMPEZAN A CONTROLAR O QUE FAGO NA ESCOLA ,XA QUE EU COMO NUNCA CONTO NADA...TAMEN DARCHE AS GRACIAS POLAS FOTOS QUE NOS SACAS NAS AULAS. HOXE MIÑA NAI PUXOME UN DVD LONGUISIMO DA TOUPA,QUE VEN, AGORA XA A PODO MIRAR TAMEN NA CASA,A MIÑA IRMA PATRI TAMEN LLE GUSTOU MOITO E ESTIVEMOS OS DOUS A RIR UN ANACO.BUENO XA ESTA BEN DE LERIAS ATA MAÑA.
Publicar un comentario