O día a día da aula de Peitieiros do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Gondomar.

15/6/08

A NOSA CARA


O venres fixemos con Susana o obradoiro das nosas caras: amosounos fotos vellas de como eran os seus avós, a súa nai e máis ela cando eran nenos.

Logo repartiunos unhas fotos grandes das nosas caras en anacos: tiñamos que recoñecer os das nosas caras e reconstruilas. Entón dábanos unha enteira. Levámolas para casa.


Tamen fixemos un marco de fotos que quedou a secar na escola.

14/6/08

COPITO

Este xoves pasado, o pai de Sabela truxo a Copito de visita á escola e contounos cousas del.


É un can"snauzer", xogou con nós e foi moi divertido. Tamén lle dimos auga para beber e máis unha pelota para que xogara. Foi moi bo e deixou que todos lle acariñaramos.

Foi unha visita moi interesante.

12/6/08

MEDÍMONOS

Onte levamos para casa unhas tiras de papel nas que se recollian o que mediamos fai un ano, en setembro do 2007, este pasado febreiro e agora.


Marcamos coa tira azul a primeira vez que nos medimos e logo fomos engadindo pedazos doutras cores por cada vez que nos mediamos.


Todos medimos diferente e crecimos a distinto ritmo pero todos aumentamos de altura. É moi curioso: cando máis crecimos casi todos foi de setembro a febreiro.


Canto mediremos no vindeiro curso?


9/6/08

VOCABULARIO

Hoxe fixemos flores con Elva aproveitando cartóns de ovos. Logo veu Ángeles e convertímonos en malabaritas pois fixemos bolas para malabares con arroz e globos.
Josué cumpliu onte 4 anos e tróuxonos unha piñata que preparamos e logo vaciamos na escola. Nerea comentou que ao seu cumpleanos, que celebrou o sábado, a súa sobriña Bárbara tamén lle trouxo una piñata.
- Tes unha sobriña? - preguntoulle a profe
- Si - respostou
- Entón, o teu irmán ten unha filla?
- Non, meu irmán está casado con Bárbara.- dixo Nerea
- Ah, entón é a túa cuñada
Ao longo da mañá repetiu varias veces o da sobriña e sempre decía que non lembraba o de cuñada.
Outras anécdotas co vocabulario teñen que ver coa nosa visita ao parque de A Canuda.
Por exemplo élles moi difícil decir monitora así que cando xa marchara ela e estabamos falando
Lucas chamaballe "a señora da planta" e Iván preguntaba pola "xefa".
Cando voltou á casa Uxía coméntoulles aos seus pais: "Vengo de salvar a la tierra"

6/6/08

BIBLIOTECA

Hoxe, como todos os venres, traballamos na biblioteca.

Miramos os debuxos que cadaquén fixo sobre o libro da semana pasada, rexistramos o que se devolveu e se nos gustou ou non. Despois rexistramos o que imos levar hoxe para casa. É moito traballo! pero facémolo moi ben.
Hoxe non choveu, así que puidemos ir á biblioteca da sede que é moito máis grande ca nosa. Xa facía moito que non íamos.

Miramos os libros que veñen de chegar e que están no expositor da entrada, que agora se chama punto de lectura informal.



Escollimos os que nos pareceron máis bonitos e fomos para dentro. Escollimos Discurso do oso e Eli léunolo. Gústounos.


4/6/08

A CANUDA, 1ª parte


Hoxe fomos ao parque de A Canuda en Salvaterra. Pasámolo moi ben, vimos moitas cousas e xogamos nun parque infantil eeeenorme.
Como a camara quedou sen pilas e non din pasado todas ao ordenador só vos podo amosar fotos da primeira parte:
Chegamos e miramos un vídeo sobre os animais que hai en Salvaterra. Logo miramos as plantas aromáticas, as da horta e os animais da granxa.




Fomos ao estanque e paseamos nas barcas.
Xogamos no parque infantil.
Comimos e voltamos a xogar. logo collimos o autobús e casi todos os máis pequenos se durmiron.