O xoves, 15 de novembro, todos os nenos e nenas de 5 anos do colexio asistiron á Exposición IMAXINOQO da editorial OQO.Había carteis de certos contos desta editorial e tamén figuras grandes como Mariluz a avestruz.

O mellor de todo foi que nos estaba a esperar Rosana co mono Teófilo, o amigo de Chocolata, para contarnos unha chea de contos máis: Cocorico, A princesa do Caurel....En Gondomar temos moita sorte porque os que invitaron a Rosana e Teófilo foron os amigos e amigas de Espazo Lectura.
Estivemos unha chea de tempo moi divertido a escoitar contos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario