Tiñamos que propor unha mascota para a biblioteca do colexio.
Primeiro miramos a información que nos mandou a biblioteca sobre as mascotas e logo puxémonos a pensar que podería ser:
- E un paxaro que vive na biblioteca.
- Porque ten un niño con ovos na biblioteca.
- Porque vive nun libro.
- Dalle de comer aos seus fillos.
- Come palabras de papel.
- Voa polos debuxos.
- Chámase COMEPALABRAS.
Despois debuxaron ao Comepalabras.
Aquí se amosan os debuxos nos que se distingue ao paxaro. Veredes que nalgúns hai un primer debuxo moi esquemático, foi decirlles que podían facelo mellor e cambiaron os resultados.
Ao final escolleuse unha mascota proposta por outra das clases pero éste foi o noso traballo.
O día a día da aula de Peitieiros do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Gondomar.
30/12/08
29/12/08
IMAXINOQO

Había carteis de certos contos desta editorial e tamén figuras grandes como Mariluz a avestruz.


En Gondomar temos moita sorte porque os que invitaron a Rosana e Teófilo foron os amigos e amigas de Espazo Lectura.
Estivemos unha chea de tempo moi divertido a escoitar contos.
Etiquetas:
conto,
Espazo lectura,
saídas
28/12/08
FESTA DE NADAL
Para ir á FESTA DE NADAL en Guillufe preparamos unhas coroas que levamos postas.
Cando chegamos xogamos no patio, logo viñeron os Reis Magos que regalaron a todos cornos de reno e narices verdes. Despois baixamos a merendar. Eramos unha chea de xente!!!
Á volta no autobús, xa era noite e pasamos por todas as casas ilumunadas polo Nadal. Foi unha viaxe moi divertida.
27/12/08
ÁRBORES DE NADAL

Volvimos usar a mesma proposta para que cadaquén fixese a súa felicitación de Nadal (que xa mirachedes noutra entrada deste blog). As profes só axudaron aos máis pequenos dándolles os triángulos recortados.
26/12/08
AGRUPAMOS
Na primeira semana de decmbro no obradoiro cos bloques lóxicos adicámonos cos de 4 e os de 3 anos a "xuntar os que son parecidos". O primeiro que se lles ocurriu foi agrupar os da mesma cor.

Logo fixeron composicións con elas

Ao facer esta amarela dixo Óscar: "Mira, unha árbore de Nadal!"
Etiquetas:
árbore,
bloques lóxicos,
Nadal,
obradoiro
BO NADAL !!!!

Xa rematados os problemas técnicos, temos un montón de novas atrasadas asi que comenzamos polas nosas felicitacións de Nadal, que xa deberon chegar ás vosas casas por correo ordinario.
Só faltan as que remataron o derradeiro día clase os nenos e nenas que estiveron enfermos en días anteriores.
Cos mellores desexos para todos.
1/12/08
A NEVE
Estabamos a falar da fin de semana:
- Eu fun á neve ao Galiñeiro - dixo Josué.
- E que fixeches?
- Bolas e tirábaas con papá.
- Pois eu fun ao galiñeiro da miña avoa e había neve e tireille bolas ás galiñas - dixo Xairo.
- Eu fun á neve ao Galiñeiro - dixo Josué.
- E que fixeches?
- Bolas e tirábaas con papá.
- Pois eu fun ao galiñeiro da miña avoa e había neve e tireille bolas ás galiñas - dixo Xairo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)