O día a día da aula de Peitieiros do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Gondomar.

30/11/08

CARACOIS

Como todos os días traen caracois á escola, o venres falamos deles. Primeiro falamos do que saben dos caracois que é:
- Comen margaritas e perixel - Comen herba - E verdura - E follas - Tamén comen cousas que non son para que coman os nenos - Comen fariña
- Tamén se suben ás árbores e métense na súa cuncha
- Comen amorodos
- Os caracois sacan baba polo pé - O pé é a cousa por onde se arrastran
- Teñen uns cornos con ollo
- Botan os cornos ao sol - Eu teño caracois nunha pedra, moitos - Métense sobre as rocas - Debaixo
- Teñen concha - Viven na súa concha - Teñen unha concha redonda
- Péganse por abaixo
- Comen máis cousas

Logo falamos de que queremos saber:
- Como se meten debaixo das rochas?
- Como se suben ás árbores?
- Como se pegan? - Pola baba - E quédanse pegados? Non
- Que beben? - Sabes como beben?: Comen herba mollada e xa beben - Sorbendo a auga -Teñen unha palliña - Parece unha palliña pero non o é

27/11/08

REMOLDIÑO VAI Á FEIRA

Onte fomos a Gondomar para ver á obra de teatro "Remoldiño vai á feira" invitados por Espazo Lectura. Primeiro fomos merendar ao parque da Coelleira. Logo fomos á Biblioteca do concello e vimos como os caracois Remoldiño e Rolando ían para a feitra de Monterroso e o que lles pasaba polo camiño.

Ao rematar regaláronlle un conto de Remoldiño a cada un. Pasámolo moi ben.

24/11/08

TOPOLIN

Hoxe rematamos de facer entre todos unha ilustración do libro "Topolin construye una casa" que xa levabamos un tempiño elaborando porque queriamos participar todos.
Topolin
View SlideShare presentation or Upload your own.

NA BIBLIOTECA




O venres é o día que adicamos á biblioteca: escollemos na clase os libros que imos levar á casa.



Cando non chove imos á biblioteca central que está na sede, moi perto da nosa clase. o venres pasado fomos ata alí, estivemos a mirar os libros que veñen de chegar.


Para rematar limos todos xuntos unha nova Carapuchiña Vermella cuns debuxos moi interesantes. nesta carapuchiña o lobo morre polo peso das pedras no bandullo e a Carapuchiña volve á súa casa.

Podedes atopar a referencia do conto aquí.

20/11/08

ERRO ACERTADO

Hoxe estabamos a pasar lista cando dixo Óscar:
- Hai así de Davids - e levantou tres dedos.
- Cales hai - preguntei, algo estrañada porque na escola só hai dous.
- Si: David P., David B. e David, meu irmán - respostou.
- E cantos son así? - preguntei, levantando eu tres dedos.
- Tres.
Todas as súas afirmacións eran correctas inda que non o pareceran nun principio.

17/11/08

FEIXOAS



Hoxe Sabela tiña unha chea de feixoas para almorzar que collera da árbore que ten na casa.



Así que as miramos, logo as abrimos e despois as probamos.
Pasamos a falar un pouco:
- Como se chamará a árbore que da feixoas? - preguntou a mestra
- Feixoeiro -dixo un.
- Feixóns - dixo outra.
- Feixoes - agregou un máis.
- Pois non a árbore que da feixoas chámase feixoa tamén.
Así que dimos un paseo ata a casa de Sabela para mirar a súa feixoa. Polo camiño díxonos que só da feixoas no inverno.

16/11/08

MAGOSTO




O 31 de outubro fixemos o noso magosto na unidade de VILAZA.




Alí fixemos xogos e asamos as castañas con pico.



Comimos as castañas asadas e o almorzo.




Xogamos coas follas.



Pasámolo moi ben!!

14/11/08

SANTOS

Para a noite de Santos preparamos dúas rabaquetas que traeron dous dos cativos das súas casas. Marcámoslles ollos, nariz e boca.
Vaciamolas.
Logo puxémoslles as velas e probamos no baño a escuras como ían verse de noite. Daban medo!!!

MISI

O 5 de outubro Lucas e os seus pais atoparon un gatiño por detrás da sede. Pasei eu - Eli, a titora- e dixéronme que non podían levalo á casa porque teñen tres cans, así que acordamos levalo á escla mentras non lle atoparamos casa.

Leveino á veterinaria para comprobar a súa saúde. Logo na escola pregunteille aos pais e nais se había alerxias ou problemas, posto que de non habelos é moi positivo ter un animal na escola ao que hai que cuidar, alimentar, limpar e acariñar. Como non os hai, agora na escola somos un máis.
Puxémoslle nome. As suxerencias dos nenos e nenas foron: "Pato Donald", "Misi", "Burro", "Bambi" e"Cobu". Votaron o que máis lle gustaba e foi escollido "Misi" por 8 votos.

BENVIDOS!

Xa levamos casi dous meses de clase e estivemos moi ocupados coñecéndonos. Temos moito que contar porque nos pasaron unha chea de cousas e trataremos de irvolas contando pouco a pouco, ao tempo que imos contando as novas que nos van pasando. Tentaremos de irlle dando xeito e ir publicando arreo a partir de agora.
Levounos un tempo aprender o nome de cadaquén, tanto dos nenos e nenas novos como os das profes pero agora xa todos sabemos como se chaman todas as persoas que estamos a traballar na clase.
Para axudarnos pasamos lista todos os días coas tarxetas que vedes na foto. Hai que repartilas e logo catro ou tres encargados pasan lista. Para axudarlles non lles decimos o que está escrito senon que damos pistas da persoa que pode ser: "O neno que esta sentado entre ....... e ........", "A nena que leva un pantalon vermello e unha sudadeira rosa e branca" e outras polo estilo.