O día a día da aula de Peitieiros do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Gondomar.

31/1/09

DÍA DA PAZ

O venres conmemórase o Día da Paz nas escolas e nos falamos dela. Todos, maiores e pequenos, sabemos o que é a guerra pero a paz é máis complicada.
Lucas contounos que o avó do seu pai foi á guerra elle entrara uncacho de bomba nun ollo. Pregunteille se entón levaba un parche e como non o sabía escribiu unha nota para lembrarse ao ir a casa.
Miramos as pombas da paz que dibuxara Picasso e logo fixemos os noso paxaros de papel que colgamos do teito, todos levan unha poliña verde no peteiro.Para rematar miramos dous vídeos da toupiña: "A toupiña e a anduriña" e "A toupiña e a estrela".

23/1/09

CARACOIS

Xa rematamos o traballo sos caracois. Buscamos a información nos libros que collimos da biblioteca. Logo os nenos e nenas ilustraron o que aprenderan.

17/1/09

NOVAS NA BIBLIOTECA

O venres é o noso día da biblioteca. Esta semana cambiamos o lote de libros de aula e chegáronnos as novas carpetas de BIBLIOCRA, que é o nome da biblioteca de todo o colexio.Son máis grandes para que caiban mellor os libros. Puxémoslles o nome. Os medianos e maiores encertaron novos cadernos de rexistro de libros que levan a casa. Os pequenos comenzan a levar o bloc para facer un debuxo na casa sobre o libro que levan.
Despois fomos a sede a ver os libros novos e limos "El invierno"

15/1/09

ALFOMBRA

Hoxe cos medianos (4 anos) estivemos a tratar de facer unha alfombra que tapara o chan sen deixar buratos, usando os pentominós. Cada un dos nenos escolleu unha cor, colleu as pezas que lle correspondían e ía cubrindo o espazo na súa quenda. Cando xa tiñan incorporado o que tiñan que facer ían poñendo todos á vez. Levoulles bastante tempo e saiu bastante grande e moi bonita.

9/1/09

VOLTA Á CLASE

Volvimos á escola e os Reis deixaran cousas nas casas para cadaquén e na escola uns bonecos, unha maleta de perruquería e outra de construccións.
Mirando fora vimos que había neve na Praguda:
Estaba moi lonxe e non podiamos tocala. Josué lembrou cando foi á neve ao Galiñeiro coa súa familia a principios de decembro, como tiñamos as súas fotos estivemos a miralas:














Non temos tido neve na escola, só fotos e debuxos.