O día a día da aula de Peitieiros do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Gondomar.

1/4/09

OBRADOIRO DE CHOCOLATE


Fíxose o obradoiro de chocolate na nosa clase e viñeron todos os nenos e nenas do colexio. Fixemos unha trufa e adornamos unha galleta, estaban moi boas! Despois xogamos no patio.

29/3/09

BOLT

O xoves fomos ao Cine imperial de A ramallosa a mirar a película Bolt. Logo almorzamos no parque do lado da Foz e os nenos enas xogaron un rato. A película gustoulles bastante e o venres fixeron aos protagoniostas da película: un can e unha gata con adhesivos.

O QUE SABE DAVID

David trouxo os seus bolos miñoranos, primeiro colocounos no patio pero despois fomos á pista de bolos que está á beira da unidade.
David faino moi ben pero vai con tanta velocidade que só nos sairon fotos dos bolos parados no seu sitio. probamos todos e todas a tirar a bola pero noné tan sinxelo como parece.

28/3/09

O QUE NOS AMOSOU UXÍA

Un día que estabamos a falar do que estaban a aprenderlles fora da escola Uxía dixo que ela sabía patinar.
Así que o venres 13 trouxo unha maleta grande cos patíns, púxoos, púxolle un protector enriba e patinou pola clase para diante e para atrás, deu voltas e fixo o anxo. Nin imaxinabamos que sabía tanto de patinaxe.

27/3/09

ALICIA NO PAIS DAS MARABILLAS

O 3 de marzo fomos ver Alicia no país das Marabillas que representaban o grupo de teatro Vichelocrego no I.E.S. Auga da Laxe de Gondomar. Ese grupo está formado por nenos e nanas que estudan nese Instituto. Na obra todo estaba moi escuro e eles levaban roupa de cores fortes.
Ao día seguinte falamos da obra e os nenos e nanas intentaron debuxar escenas da representación. Aquí vedes algúns.

23/3/09

XARDÍN

Uxía trouxo unha azalea de flores rosa que plantamos no xardín e logo regamos.

















Como a mangueira non nos chega ao final do patio tivemos que regar as plantas do fondo con caldeiros. Había que ir a modo e con cuidado para non tirar a auga polo chan.

19/3/09

COOPERACIÓN

Ás veces os máis grandes dea escola axudan oaos máis pequenos a facer os traballos. Nesta foto vése como están a ilustrar a canción "Púxeme a contar" facendo unha columna de nove pedras.

18/3/09

BERCES 3

Despois dunha chea de digficultades técnicas con esto das novas tecnoloxías para a que trsanscribo o traballo da escola, voltamos á rede e tratarei de ir recuperando as deste mes sen escribir.
Voltamos a retomar o dos berces, así que comprobamos as medidas, fixemos en papel uns rectángulos contando polo que tiñamos apuntado e puxemos aos bonecos enriba. Os pequenos cabian ben pero para a grande tivemos que aumentarlle 2 cm. polo lado máis curto. Polo lado longo foron: 1 e logo outro e logo 8 máis o que fan 10.
Agora teño que traer pezas de madeira dese tamaño e xa están os berces. Eso foi o que dixeron os nenos e nenas.
Nesta foto vése ben como a boneca grande noncabía ben nas medidas que tiñamos ao principio.

13/2/09

DISFRACES

Onte rematamos de ler o conto, que é moi distinto do que nos soen contar. Ao principio queriían ir de cabalos, ratos (que estarían a dormir) e de arañas porque en cen anos farían moitas teas. Falamos de se era ou non un conto de animais, como acordamos que non o era pois tocaba ir de xentes diversas co resultado que imos ter: 8 cabaleiros, un ferreiro, 5 fadas, un rei e unha raíña (pais da princesa), un príncipe e unha princesa e Aurora e Día que son os principiños.
Xa onte pola tarde empezanmos traballar nos disfraces e seguimos hoxe coa axuda de pais, nais e irmás maiores.

6/2/09

EXPERIMENTO

O luns pasado puxemos os rotuladores vellos e secos en botellas con auga. Temos para oito botellas: amarelo, azul, marrón, negro, verde claro, verde escuro, vermello e laranxa.
Hoxe a auga estaba tintada e puxemos caraveis brancos nas botellas á primeira hora, á derradeira empezaban a mancharse as petalas da marrón e un pouco as da negra.

5/2/09

IMAXINICA NA CLASE

Veu Marila á nosa clase con Imaxinica, que é un libro!!

Viñan para decirnos que este ano todas as clases vanse disfrazar de contos do señor Carlos Perrault e a nós tócanos a Bela Dormente.

2/2/09

MEDÍMONOS

Xa empezou febreiro e medimos para ver se creceran. Como vedes na foto, todos creceron !!

1/2/09

BERCES 2

Falando dos berces acordamos que tamén lle tiñamos que facer un berce a Esmeralda , a boneca grande que xa tiñamos na escola.


Puxémoslle nome aos novos: Andrés e Nerea.Pensamos que tiñamos que medilos.E tomar nota das medidas.

BERCES

Como os Reis truxeron un boneco e unha boneca pensamos que non tiñamos sitio para deixalos e que deberiamos facerlles berces.
Falamos que deberían ser de madeir, que ao oficio de trabalaro a madeira de lle chama carpintería e os nenos e nenas maiores fixeron unha nota para as familias:

Cadaquén foi escribindo unha palabra según o seu estadio no desenvolvemento da escritura.

31/1/09

DÍA DA PAZ

O venres conmemórase o Día da Paz nas escolas e nos falamos dela. Todos, maiores e pequenos, sabemos o que é a guerra pero a paz é máis complicada.
Lucas contounos que o avó do seu pai foi á guerra elle entrara uncacho de bomba nun ollo. Pregunteille se entón levaba un parche e como non o sabía escribiu unha nota para lembrarse ao ir a casa.
Miramos as pombas da paz que dibuxara Picasso e logo fixemos os noso paxaros de papel que colgamos do teito, todos levan unha poliña verde no peteiro.Para rematar miramos dous vídeos da toupiña: "A toupiña e a anduriña" e "A toupiña e a estrela".

23/1/09

CARACOIS

Xa rematamos o traballo sos caracois. Buscamos a información nos libros que collimos da biblioteca. Logo os nenos e nenas ilustraron o que aprenderan.

17/1/09

NOVAS NA BIBLIOTECA

O venres é o noso día da biblioteca. Esta semana cambiamos o lote de libros de aula e chegáronnos as novas carpetas de BIBLIOCRA, que é o nome da biblioteca de todo o colexio.Son máis grandes para que caiban mellor os libros. Puxémoslles o nome. Os medianos e maiores encertaron novos cadernos de rexistro de libros que levan a casa. Os pequenos comenzan a levar o bloc para facer un debuxo na casa sobre o libro que levan.
Despois fomos a sede a ver os libros novos e limos "El invierno"

15/1/09

ALFOMBRA

Hoxe cos medianos (4 anos) estivemos a tratar de facer unha alfombra que tapara o chan sen deixar buratos, usando os pentominós. Cada un dos nenos escolleu unha cor, colleu as pezas que lle correspondían e ía cubrindo o espazo na súa quenda. Cando xa tiñan incorporado o que tiñan que facer ían poñendo todos á vez. Levoulles bastante tempo e saiu bastante grande e moi bonita.

9/1/09

VOLTA Á CLASE

Volvimos á escola e os Reis deixaran cousas nas casas para cadaquén e na escola uns bonecos, unha maleta de perruquería e outra de construccións.
Mirando fora vimos que había neve na Praguda:
Estaba moi lonxe e non podiamos tocala. Josué lembrou cando foi á neve ao Galiñeiro coa súa familia a principios de decembro, como tiñamos as súas fotos estivemos a miralas:














Non temos tido neve na escola, só fotos e debuxos.