O día a día da aula de Peitieiros do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Gondomar.

28/5/08

CONCERTO

Hoxe fomos ao Auditorio de Gondomar aun concerto interpretado polo alumnado de 1º de Bacharelato do I.E.S. Auga da Laxe. Antes de ir falamos do que íamos ver: - Instrumentos musicais * (a profe)- Cales? - Guitarras, tambores, baterías, trompetas, saxofóns, flautas, violíns, teclas. * - Onde hai teclas? - Nos pianos Fomos a Gondomar e asistimos ao concerto que onde estabamos nós sentados se miraba así:

Cando voltamos á escola falamos outra vez e decatámonos de que non había nin trompetas, nin violíns. Adiviñamos os outros instrumentos que dixemos e ademáis tocaron a pandeireta e o punteiro da gaita.
Gustounos moito,

27/5/08

Comenzo

Xa estamos aquí!
Tardamos tanto, inda que xa o falaramos fai tempo, porque é algo novo para todos nós e non sabíamos moi ben como facelo. Esperamos que nos axudedes a melloralo.
Pretendemos amosar ás familias (e os amigos e amigas) parte do que estamos a vivir na escola e non podemos levar para casa na man. Algunhas desas cousas que nos quedan na cabeza e no corazón para lembralas despois.
Temos un maio de choiva e seguimos a mirar para a nosa toupiña, a derradeira vez vimos o que lle pasou cando se atopou un paraugas