Fíxose o obradoiro de chocolate na nosa clase e viñeron todos os nenos e nenas do colexio. Fixemos unha trufa e adornamos unha galleta, estaban moi boas! Despois xogamos no patio.
FACEMOS NA ESCOLA
O día a día da aula de Peitieiros do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Gondomar.
1/4/09
OBRADOIRO DE CHOCOLATE
Fíxose o obradoiro de chocolate na nosa clase e viñeron todos os nenos e nenas do colexio. Fixemos unha trufa e adornamos unha galleta, estaban moi boas! Despois xogamos no patio.
29/3/09
BOLT
O xoves fomos ao Cine imperial de A ramallosa a mirar a película Bolt. Logo almorzamos no parque do lado da Foz e os nenos enas xogaron un rato. A película gustoulles bastante e o venres fixeron aos protagoniostas da película: un can e unha gata con adhesivos.
O QUE SABE DAVID
David trouxo os seus bolos miñoranos, primeiro colocounos no patio pero despois fomos á pista de bolos que está á beira da unidade.David faino moi ben pero vai con tanta velocidade que só nos sairon fotos dos bolos parados no seu sitio. probamos todos e todas a tirar a bola pero noné tan sinxelo como parece.
28/3/09
O QUE NOS AMOSOU UXÍA
Un día que estabamos a falar do que estaban a aprenderlles fora da escola Uxía dixo que ela sabía patinar. Así que o venres 13 trouxo unha maleta grande cos patíns, púxoos, púxolle un protector enriba e patinou pola clase para diante e para atrás, deu voltas e fixo o anxo. Nin imaxinabamos que sabía tanto de patinaxe.
27/3/09
ALICIA NO PAIS DAS MARABILLAS
O 3 de marzo fomos ver Alicia no país das Marabillas que representaban o grupo de teatro Vichelocrego no I.E.S. Auga da Laxe de Gondomar. Ese grupo está formado por nenos e nanas que estudan nese Instituto. Na obra todo estaba moi escuro e eles levaban roupa de cores fortes.
Ao día seguinte falamos da obra e os nenos e nanas intentaron debuxar escenas da representación. Aquí vedes algúns.
Ao día seguinte falamos da obra e os nenos e nanas intentaron debuxar escenas da representación. Aquí vedes algúns.
23/3/09
XARDÍN
19/3/09
COOPERACIÓN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)